Publicidade

23 vivendas baleiras da Estrada pertencen a bancos

Os bancos teñen na Estrada 23 vivendas que se atopan baleiras, segundo os datos feitos públicos por Praza.gal en xullo. Estes datos obtivéronse ao abeiro da Lei de Transparencia.

Das 23 vivendas, a maior parte pertencen ao Banco Santander. En total son 13 pertencen a este banco. Ademais, Altamira, a que foi a súa inmobiliaria e que, aínda que xa non é da súa propiedade, segue a manexar parte importante da súa carteira, ten outra.

A Sareb conta con catro activos inmobiliarios no concello e Abanca, con dous. As tres vivendas restantes son, segundo os datos do censo de vivendas propiedade dos bancos revelados polo citado medio, propiedade de Residencial Murillo, Unión de Créditos Inmobiliarios e Whitehead Invest, respectivamente.

Cómpre sinalar que, segundo os Indicadores Urbanos do INE, en 2021 de 11.842 vivendas que había, 3.962 estaban baleiras.

Imaxe de portada: oficina do banco Santander na Estrada // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo