Publicidade

Trasladan unha muller en helicóptero ao envorcar o motocultor que conducía

Unha muller foi trasladada en helicóptero tras resultar ferida ao envorcar o motocultor que conducía. O suceso ocorreu no lugar da Igrexa, en Orazo, pouco antes das 10.30 horas deste domingo.

A ferida, que quedara atrapada, xa fora liberada unha vez chegaron os efectivos de Emerxencias. Ata o punto achegáronse efectivos dos Bombeiros de Silleda, unha ambulancia con equipo médico do PAC da Estrada, un helicóptero con base en Santiago de Compostela, Policía Local e Garda Civil. Dende Emerxencias A Estrada lembran a importancia de extremar as precaucións durante o uso de maquinaria agrícola.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo