A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) animou a todos os municipios de España a facer este mércores 2 concentracións para apoiar a Ceuta. A Estrada sumarase a esta proposta.
A concentración terá lugar ás 20.00 horas diante do Concello. Contará coa participación, xa confirmada, do Partido Popular.
Este acto faise coincidindo co Día de Ceuta e debido á situación que se leva vivindo na cidade autónoma dende finais de xullo, cando 80.000 persoas entraron de xeito ilegal procedentes de Marrocos.
Imaxe de portada: bandeira de Ceuta // Pixabay


Deixa unha resposta