Publicidade

A estradense Laura Vázquez gaña o Premio Simbad

A escritora estradense Laura Vázquez García gañou o V Premio SIMBAD para o Recordo e o Alzhéimer coa súa obra A outra casa. Foi nun acto celebrado este xoves no MOME e que contou coa música de The Bichos Jazz Band. Os premios organízaos Agadea.

Estiveron presentes o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, o presidente do xurado e autor de Chamádeme Simbad — libro no que se inspira o premio –, Francisco Castro, e a escritora Fina Casalderrey.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo