A Feira do Moble presentou este martes a súa triséximo oitava edición, que comezará este xoves e prolongarase ata domingo. Contará con 50 firmas expositoras.
Abrirá as súas portas o xoves ás 11.00 horas. Ás 12.00 horas inaugurarase coa visita do delegado territorial da Xunta, Pablo Fernández López. Ás 12.00 horas terán lugar as xornadas “Tecnoloxía e procesado de madeira”, impartida por Óscar González, e “Orientación académica e profesional”, impartida polo técnico de apoio á docencia e á investigación da Escola de Enxeñaría Forestal, Luís Torres.
O venres 12 impartirase a xornada “A Formación Profesional ábreche as portas a un futuro de éxito” da man do xefe de servizo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP, Bertín Praga. O sábado e o domingo ás 18.00 horas haberá sendas actuacións de maxia cos magos Costa e Pis, respectivamente. Ás 18.00 horas do domingo sortearanse varios lotes promocionais e, ás 20.00 horas, unha viaxe para dúas persoas.
Todos os días poderase acceder de 11.00 a 20.00 horas. Xoves e venres o acceso será gratuíto. Os expositores atoparánse nos pavillóns 3, 4, 5 e 6, estando os tres primeiros adicados ao moble. O pavillón 6 será o coñecido como multisectorial.
Importancia do sector forestal
Na presentación estiveron presentes o director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro, a deputada da Deputación de Pontevedra, Belén Cachafeiro, a representante da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Lucía Pedroso Suárez, o presidente da Asociación Comarcal de Empresarios da Estrada, José Luís Terceiro, e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao. Todos concordaron na importancia da Feira do Moble como expositor dun dos sectores con maior relevancia de Galicia.
O rexedor lembrou que A Estrada estivo moi vencellada ao sector do moble, pois “a metade da poboación que estaba vinculada co sector industrial, traballaba en algo relacionado co moble e coa madeira”. Sinalou que o “ciclo do moble e da madeira que cada vez gaña máis adeptos”.
Imaxe de portada: presentación da Feira do Moble // cedida


Deixa unha resposta