
O vindeiro 29 de novembro España votará a nova composición das Cortes, que terán que elixir quen será o presidente do Goberno. Unha vez publicada a disolución das Cortes, ponse en marcha o calendario electoral. Nel aparecen datas sinaladas para os electores, tales como a consulta do Censo Electoral, o sorteo de Mesas ou a solicitude dos votos por correo e Braille. Ao longo deste artigo repasamos eses prazos.
Censo Electoral
Dende o 12 ata o 19 de outubro os electores poderán consultar o Censo Electoral vixente nos Concellos e Consulados. Nese mesmo periodo de tempo poderán formular as súas reclamacións respecto a inclusións ou exclusións no Censo.
O 23 de outubro notificaranse e exporanse as rectificacións do Censo Electoral. Unha vez sexa notificada a resolución, existe un prazo de cinco días para presentar recursos contra as resolucións da Oficina do Censo Electoral ante Xulgado do Contencioso-Administrativo, que terá outros cinco días para resolver e notificar.

Seccións e Mesas
O 12 de outubro cada Boletín Oficial Provincial publicará a división de circunscricións en Seccións e Mesas. Dende o 13 ata o 18 de outubro poderanse presentar reclamacións ante a Xunta Electoral Provincial, que terá un prazo de cinco días para resolver. Dende o 19 e ata o 28 de novembro os Concellos exporán as relacións definitivas de Seccións e Mesas.

Mesas electorais
Entre o 31 de outubro e o 4 de novembro cada Concello fará o sorteo para a designación de membros das Mesas Electorais. Dende que se fai o sorteo, comeza un prazo de tres días para que se notifiquen as designacións e se entregue o manual a membro das Mesas. Unha vez se é notificado existe un prazo de sete días para presentar alegacións ante a Xunta Electoral de Zona, que terá que resolver nun prazo máximo de cinco días.
A comunicación á Xunta Electoral de Zona da imposibilidade de desempeño do cargo terá que facerse, cando menos, 72 horas antes da constitución da Mesa o día da votación. No caso de que remate o prazo e prodúzase unha imposibilidade sobrevida, pódese comunicar antes das 8.00 horas do 29 de novembro.

Voto por correo
O prazo para solicitar o voto por correo abriu este martes 6. Pecha o 19 de novembro. Entre o 9 e o 22 de novembro a Oficina do Censo Electoral enviará a documentación para exercer o voto por correo. Poderase votar dende a recepción da documentación e ata o 25 de novembro.

Voto Braille
Aqueles que o precisen, poderan solicitar a documentación para o vot Braille entre o 6 de outubro e o 2 de novembro.

Imaxe de portada: papeletas de eleccións // Wikipedia


Deixa unha resposta