Publicidade

Publicada a lista de puntos de votación e zonas que lle corresponde a cada un

person dropping paper on box

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (Boppo) fixo públicos os diferentes puntos de votación para as vindeiras eleccións xerais, que terán lugar o 29 de novembro.

Nas seguintes liñas atoparán a lista completa de locais electorais e as zonas que votan en cada un. Están ordeadas por distrito — cada un dunha cor para facilitar a súa identificación –, sección e subsección. En negriña atoparán as parroquias de cada sección.

No caso da parroquia da Estrada a división faise por rúas, que serán detalladas. Nalgunhas rúas, en función do portal vótase nun centro electoral ou noutro. Nese caso atoparán entre parénteses que portais lle toca a esa sección. Divídese en portais de número par e portais de número impar.

Distrito 1

Sección 1

Votan parte dos residentes na Estrada. Concretamente, parte da Estrada a Codeseda (portais pares do 2 ao 12 e impares do 5 ao 13) e as rúas Castelao (portais pares 2 a 30), Avenida Benito Vigo (portais pares 58 a 80 e 81), Calvo Sotelo (portais pares 2 a 52), Praza da Constitución (nº 1), Irida (portais impares 1 a 21 e pares 4 a 6), Justo Martínez (impares 1 a 15 e pares 8 a 12), 2ª Travesía Justo Martínez, Pérez Viondi (impares 31 a 57), Serafín Pazo (impares 1 a 55 e pares 34 a 106), Ruela Vedelle e Virxinia Pereira. Votarán no Conservatorio.

Sección 2

Votan parte dos residentes na Estrada. Concretamente ao Camiño da Caldesiña, Avenida de América (portais impares 1 a 17 e pares 2 a 22), 2ª Travesía de América, Antón Losada Diéguez (pares 24 a 74), Avenida Benito Vigo (impares 9 a 73), Bernardo Rodríguez, Capitán Bernal, Praza da Constitución (nº 4 e 5), Rúa e Travesía do Cruceiro, Praza do Mercado, Rúa Forcarei (nº 15), Praza de Galicia (impares 1 a 5, 17), Travesía da Igrexa, Rúa Irmáns Valladares, Rúa Manuel García Barros, Rúa Padrón, Rúa Peregrina, Rúa Pérez Viondi (impares 1 a 21, pares 4 a 18), Rúa Pintor Maside (pares 4 a 22), Rúa San Paio (impares 1 a 71), 2ª Travesía de San Paio, Rúa Serafín Pazo (pares 2 a 32), Travesía de Vea, Rúa Waldo Ínsua e Rúa 56. Votarán na Casa das Letras.

Sección 3

Na subsección 1 votarán os veciños de Aguións, Matalobos e Toedo. Farano no Grupo Escolar de Toedo.

Na subsección 2 votarán os veciños de Lagartóns. Correspóndelles votar no Local Social de Lagartóns.

Sección 4

Na subsección 1 votarán os veciños de Guimarei. Farano no Grupo Escolar de Guimarei.

Na subsección 2 votarán os veciños de Ouzande. Farano no local do campo da festa da parroquia.

Na subsección 3 votarán os veciños da Somoza e Tabeirós. Farano no Grupo Escolar de Tabeirós.

Sección 6

Corresponde a parte da Estrada. Concretamente ás rúas da Cerrada, Camiño de Ouzande, Avenida Benito Vigo (portais pares 4 a 48), Decoita, Travesía Decoita, Doutor Manuel de la Calle, Fermín Bouza Brei, Avenida Marín, 1ª Travesía Marín, Estrada a Ouzande, Travesía Penerada, Rúa Pérez Viondi (pares 20 a 68), Avenida de Pontevedra (impares 3 a 111), Camiño dos Pozos, Grupo San Paio, Avenida Venezuela, Avenida Vigo e Travesía de Vigo. Votarán no CEIP Pérez Viondi.

Sección 7

Corresponde a parte da Estrada. Concretamente ás rúas da Cañoteira (portais impares 1 a 51), Praza Campo da Feira (impares 1 a 21), Rúa Catro Camiños (impares 39 a 45), Gradín (impares 1 a 49), San Paio (56 a 80), Xesteira, 25 de Xullo, Rúa 62, Rúa 78, Figueiroa de Abaixo e Figueiroa de Arriba — inclúe os camiños da Carballeira, Congostra, do Cruceiro e Real, a Estrada de Santa Baia, Rúa da Cultura, Rúa e Travesía Figueiroa de Arriba, Praza Irmandade Galega de Caracas, Rúa do Moble, Avenida de Santiago, Estrada de Santiago e Rúa 100 –. Votarán nos baixos do Teatro Principal.

Sección 8

Corresponde a parte da Estrada. Concretamente ao Camiño do Regueiro, Avenida de América (nº 23, portais pares 26 a 34), Antón Losada Diéguez (impares 1 a 27 e pares 6 a 22), Avenida Benito Vigo (impares 1 a 5), Travesía Benito Vigo), Rúa Cerdedo, Rúa Forcarei (impares 1 a 13, pares 4 a 12), Rúa Manuel Cabada Vázquez, Rúa Pintor Maside (impares 1 a 19), Avenida Pontevedra (pares 2 a 96), 1ª e 2ª Travesía de Pontevedra, Camiño dos Ramos, Rúa e Travesía Rosalía de Castro, Avenida de Santiago, rúas T, V, W, Z e 13 e O Pedregal. Correspóndenlles votar na Casa das Letras.

Sección 9

Corresponde a parte da Estrada. Concretamente ás rúas da Cañoteira (portais pares 2 a 50), Travesia da Cañoteira, Calvo Sotelo (impares 3 a 47), Praza Campo da Feira (pares 8 a 24), Catro Camiños (pares 2 a 12 e impares 5 a 13), Don Nicolás, Praza da Feira, Travesía da Feira, Avenida Fernando Conde (impares 3 a 189), Praza de Galicia (impares 3 a 13, pares 10 a 12), Gradín (pares 2 a 56), Praza da Inmaculada, José e Severino Trigo, Justo Martínez (impares 17 a 23, pares 18 a 22), Avenida Leicures, Ruela Leicures, 1ª e 2ª Travesía Leicures, Rúa do Muíño, 1ª e 2ª Travesía do Muíño, Rúa Pozo do Barro, Estrada da Praia, Urbanización La Robleda, Rúa San Antón, Rúa San Paio (pares 2 a 52), 1ª Travesía San Paio, Rúa Ulla (impares 9 a 25), Rúa Marqués de la Vega de Armijo, Rúa 68 e O Vilar. Votarán nos baixos do Teatro Principal.

Sección 10

Corresponde a parte da Estrada. Concretamente, ás rúas Cano Sifón, Travesía Cano Sifón, Estrada a Codeseda (portais impares 21 a 37), 3ª Travesía Matadoiro, A Costa, Castelao (impares 1 a 11), Baiuca, Avenida Benito Vigo (pares 88 a 184, impares 95 a 119), Avenida Fernando Conde (pares 2 a 146), 1ª Travesía Fernando Conde, Irida (pares 12 a 94, impares 29 a 94), Matadoiro, 1ª e 2ª Travesía Matadoiro, Avenida Ponteareas, Serafín Pazo (impares 59 a 75), Avenida da Torre, Ulla (pares 4 a 16) e Varela Buxán. Votarán no Conservatorio.

Distrito 2

Sección 1

Na subsección 1 votarán os veciños de Santeles. Farano no Grupo Escolar de Santeles.

Na subsección 2 votarán os veciños de Cora e Santa Cristina de Vea. Farano no Grupo Escolar de Santa Cristina de Vea.

Sección 2

Na subsección 1 votarán os veciños de Santo André de Vea. O seu centro de votación será o Grupo Escolar de Santo André de Vea.

Na subsección 2 votarán os veciños de Baloira e San Xiao de Vea. O seu centro de votación será o local social de San Xiao de Vea.

Sección 3

Na subsección 1 votarán os veciños de Couso e San Xurxo de Vea. Correspóndelles votar no CEIP Villar Paramá.

Na subsección 2 votarán os veciños de San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala e Frades. O seu centro de votación atoparase no Grupo Escolar de Santa Mariña de Barcala.

Distrito 3

Sección 1

Na subsección 1 votarán os veciños de Barbude e Paradela. Correspóndelles votar na antiga Escola de Paradela.

Na subsección 2 votarán os veciños de Moreira. O centro de votación estará no Grupo Escolar de Moreira.

Na subsección 3 votarán os veciños de Ribeira. Correspóndelles votar no EEI de Ribeira.

Sección 2

Na subsección 1 votarán os veciños de Callobre. Correspóndelles votar no Grupo Escolar de Callobre.

Na subsección 2 votarán os veciños de Agar, San Pedro de Ancorados e Santo Tomé de Ancorados. O seu centro electoral é o CEIP do Foxo.

Distrito 4

Sección 1

Na subsección 1 votarán os veciños de Lamas, Olives e Pardemarín. Votarán no local social do campo da festa de Lamas.

Na subsección 2 votarán os veciños de Cereixo e Vinseiro. O seu centro electoral estará no Grupo Escolar de Vinseiro.

Na subsección 3 votarán os veciños de Curantes e Rubín. O seu centro electoral estará no Grupo Escolar de Rubín.

Distrito 5

Sección 1

Na subsección 1 votarán os veciños de Berres. Farano no Teleclub da parroquia.

Na subsección 2 votarán os veciños de Remesar e Riobó. O seu centro de votación será o Grupo Escolar de Riobó.

Sección 3

Na subsección 1 votarán os veciños de Arnois, San Miguel de Castro e Oca. Correspóndelles votar no Grupo Escolar de Arnois.

A subsección 2 abrangue as parroquias de Loimil e Orazo. Votarán no Teleclub de Orazo.

Distrito 6

Sección 1

Na subsección 1 votarán os veciños de Codeseda, Liripio, Ribela e Sabucedo. O seu centro electoral atoparase no Grupo Escolar de Codeseda.

A subsección 2 abrangue as parroquias de Nigoi e Parada. Votarán no Grupo Escolar de Nigoi.

Na subsección 3 votarán os veciños de Arca e Souto. O seu centro electoral estará no Grupo Escolar de Souto.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo