Publicidade

Juanín dalle os primeiros tres puntos ao SP Estrada

Xornada de boas novas para o Sport Team Estrada ao gañar o seu primeiro partido da tempada. O Berres continúa ascendendo na táboa, mentres que Estradense e Vea non sumaron puntos.

Silva 2 – 1 Estradense

Dudu puxo por diante ao Estradense no minuto 20, mais os goles de Nicolás Mosquera (65′) e Pablo Agullo (74′) impediron que os roxillos sumaran puntos.

SP Estrada 1 – 0 Flavia

O Sport Team Estrada logrou rachar coa sucesión de derrotas que viña encadeando. Un tanto de Juanín no 56 outorgou aos estradenses a primeira vitoria da tempada e, á vez, os primeiros puntos.

Val do Ulla 3 – 1 Vea

O Vea volveu perder. No 26 o Val do Ulla poñíase por diante cun tanto de Sergio Sanjuas. No 73 Pablo Rivadulla era quen de empatar o encontro. A alegría non duraría moito, pois no 80 Sergio Sanjuas culminaba un dobrete e no 89 Sergio Rodríguez marcaba, de penalti, o terceiro tanto dos de Vedra.

Vilatuxe 1 – 2 Berres

Segunda vitoria da tempada para o Berres. Esteban Serrano marcaba o único tanto do Vilatuxe no minuto 8. Alejandro García empataba o partido no minuto 14 e Sergio López sentenciábao a favor do Berres no 80.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo