Publicidade

Milagros Torrado e Laura Pérez reciben o Premio Alberte Quiñoi

Este mércores entregouse o Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado a Milagros Torrado e Laura Pérez, autoras de Paio e o Gatipedro. Estiveron acompañadas por Roque, o rapaz que inspirou esta historia.

Milagros Torrado reivindicou o poder do álbum ilustrado. Asegurou que, pese a que o texto ocupa unha páxina, foi revisado ao detalle. Reivindicou que as familias acompañen aos nenos na lectura do álbum ilustrado.

Laura Pérez, ilustradora do álbum, asegurou que, unha vez leu o texto, pensou que ía “ser unha gozada” traballar con el. “Poder facer o meu primeiro libro deste xeito e con esta temática é unha oportunidade que non vou esquecer”, engadiu.

Imaxe de portada: entrega do premio // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo