Publicidade

Convocan unha reunión informativa en Arca sobre os eólicos

O BNG da Estrada convocou unha reunión informativa sobre os psrques eólicos Nesa Monte Arca Norte e Nesa Monte Arca Sur. Será na Escola de Arca este mércores 4 ás 19.30 horas.

Cómpre lembrar que o BNG criticou esta semana que o Concello aínda non se reunise cos veciños cando a liña de alta tensión asociada ao parque eólico pasará a 400 metros das casas da parroquia.

O Concello puxo a disposición da cidadanía un modelo de alegación que se pode descargar dende a súa web. Nel recóllese que once núcleos de poboación estarán a menos de dous quilómetros dos aeroxeradores, distancia inferior á recomendada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Son os seguintes:

  • A Somoza: Bargo, Alberiñas, A Carballeira, Chan de Aldea, Vila de Abaixo e Castro Ramiro.
  • Arca: O Cruceiro, Nodar, Xustín, Arcapedriña e A Goleta.

Imaxe de portada: mapa do eólico // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta