A letra “T” do photocall da Praza da Constitución foi retirado tras sufrir danos. Vai ser arranxada, co obxectivo de que estea de volta ao longo da semana.
Este elemento tería sido derrubado a última hora da tarde do luns, aínda que se volveu colocar no seu sitio. Unha veciña chamou á Policía Local alertando do seu carácter inestable. Os operarios recollérono e illaron os cables para evitar incidencias por contacto.
Segundo informou o Concello, a previsión é que o “T” poida estar de regreso esta semana. Mentres, só se iluminarán catro letras, pois as demais están afectadas pola ausencia do “T”.
Imaxe de portada: estado do photocall tras a retirada da letra // Concello da Estrada



Deixa unha resposta