Dos avances na ampliación do polígono de Toedo ao debate sobre a situación do rural

Dos avances na ampliación do polígono de Toedo ao debate sobre a situación do rural

Foi unha semana intensa, non? Ese regreso ás aulas cheo de nervios, dúbidas e reencontros foi un dos protagonistas da semana, do mesmo xeito que a noticia que máis titulares copou ao longo da semana: os diferentes avances para a ampliación do polígono de Toedo.

E tampouco nos podemos esquecer do rural. Co inicio do novo curso político, Xornal da Estrada propuxo un debate sobre a súa situación.


🏭 A semana do polígono de Toedo

A semana comezou co Consello da Xunta tomando razón da aprobación inicial do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (PEOSE) para a ampliación da superficie do polígono de Toedo. Esta ampliación será de 156.685 metros cadrados ou, o que é o mesmo, incrementaráse a superficie nun 82%.

O martes, Gonzalo Louzao destacaba o interese dalgunhas empresas nesta ampliación. “Hai demanda no Concello e hai tamén preguntas na Consellería de Economía”, dicía. Ademais, confiaba neste proxecto como parte desa “A Estrada das oportunidades da que falamos”.

Lorenzana en Toedo // Consellería de Economía e Industria

O venres, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, confirmaba que se está traballando co obxectivo de que as obras comecen no 2027. Este anuncio coincidía coa publicación no DOG do PEOSE.

A necesidade da variante da N-640 saíu a relucir co anuncio desta ampliación. “Se ampliamos as capacidades do polígono e temos na N-640 un funil, se xa agora é un problema, ese problema vaise acentuar aínda máis”, asegurou o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de Toedo, Arturo Gálvez.

Louzao sumouse á petición de melloras e recordou que “non houbo nin as medidas de seguridade que pedimos no entorno da casa consistorial, deses pasos de peóns que nos deron moitos sustos con varios atropelos”.

💧 Este luns produciráse un corte no subministro de auga

Para instalar un contador co que se controlará o consumo e a presión. O corte produciráse de 20.00 a 22.00 horas será a primeira actuación levada a cabo polo Concello da Estrada no marco do plan de sectorización que está comezando a executar na rede pública de distribución de auga.


🎙️ Consenso no debate: falta investimento no rural

Este domingo publicouse o debate proposto polo Xornal da Estrada sobre a situación do rural. Un debate no que todos os participantes tamén foron preguntados por que se podería facer para mellorar a situación na que se atopa o rural e, á vez, atraer poboación a el.


🏫 Volta ao cole

Foi unha semana de reencontros e de nerviosismo polo regreso ás aulas. Esta volta ás clases produciuse con total normalidade nos centros estradenses.

No Foxo teñen problemas cun dos docentes, pois tamén ten que impartir clase en Catoira, sendo moi difícil que poida estar presente en todas pola longa distancia que ten que percorrer entre os dous centros.

🏫 A outra volta ao cole

Os exalumnos do colexio de Ribela reencontráronse nas que foron as súas aulas. Foi a primeira vez que se celebrou este evento.


Un novo soño no Estradense

O Estradense avanzou no seu novo soño: a Copa Federación. Un dobrete de Miguel Fernández permitiu que avencen aos oitavos de final.

O seu próximo rival será o Bergantiños, ao que se enfrontarán o vindeiro mércores.

⚽ “Non estivemos ao nivel”

Manuti fai autocrítica do primeiro partido de liga da tempada.


Reunión dos veciños de Cabanelas // Concello da Estrada

🌄 Cabanelas quere replicar a Gueifas

Esta semana os veciños dese lugar de Liripio mantiveron unha reunión para explorar as posibilidades de replicar o sistema de permuta de parcelas que se fixo en Gueifas, Agar.


Un dos farois de Calvo Sotelo // Concello da Estrada

💡A Estrada restaurará os farois de catro rúas céntricas

Serán os de Calvo Sotelo, Ulla, Justo Martínez e Ruela da Fonte.


🌐 Outros titulares da semana

💥 Un coche queda sen freos… e bate contra outros 5

Na Rúa Antón Losada Diéguez

👨🏻‍⚖️ Mellora a súa pensión pola vía xudicial

Ademais, percibiu 2.500 euros en atrasos.

👴🏻 Irregularidades nos servizos mínimos

A CIG plantéxase levar aos xulgados á empresa Axuda por irregularidades nos servizos mínimos da folga do SAF.

🎫 Un bingo para recordar

Organizado por Agadea, serviu para recaudar fondos e dar visibilidade á loita contra o alzhéimer.

📍 Recollida de topónimos e microtopónimos

Haberá unha charla o 2 de outubro na Casa das Letras.

🛍️ Campaña da ACOE

Pola volta ás clases.

📖 Arte menor

Susana Sanches Arins presenta o seu último libro.

🪑 Semana da Feira do Moble

Presentaráse este martes.

🏡 Chega unha exposición sobre a casa de Rosalía de Castro

Á Praza do Concello.

😆 Talleres no rural

De risoterapia e conservación da memoria

🌳 Taller de mantemento de árbores en miniatura

Impartido por Bonsái A Estrada

🚶🏻‍♂️ O primeiro de Sri Lanka

Novo peregrino internacional polo Camiño da Geira.

💻 Mellor acompañad@

Nova edición do curso, que pretende achegar as novas tecnoloxías á xente maior.

🚴‍♂️ A Volta a Galicia pasou pola Estrada

Na súa segunda etapa.


Comentarios

Deixar un comentario