O accidente de dous trens deixou 40 vítimas mortais
Este luns o Concello da Estrada gardou un minuto de silencio polas vítimas do dobre accidente de trens en Adamuz, Córdoba. No momento de redacción desta noticia eran 40 as vítimas mortais confirmadas. Ademais, hai 152 feridos.
O sinistro produciuse sobre as 19.40 horas deste domingo, cando por razóns que se están investigando, un tren Iryo descarrilara. 20 segundos despois, un tren Alvia batía cos vagóns do Iryo que ocuparon a vía pola que circulaba o segundo tren, saíndo despedidos os dous primeiros vagóns do Alvia, que caíron por un desnivel de catro metros.
Cómpre lembrar que o accidente produciuse nunha recta que fora renovada en maio de 2025. Ademais, o tren que envorcou, o Iryo, só tiña catro anos de idade.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que se decretan tres días de loito oficial.
Imaxe de portada: minuto de silencio na Estrada // Concello da Estrada

Deixar un comentario