Publicidade

A París de Noia actuará en Callobre

Aínda faltan catro meses e medio para que Callobre celebre as festas de Santa Margarida e da Virxe do Carme, que cada ano levan a varias das mellores orquestras de España, pero xa se comezou a desvelar o cartel.

Nun vídeo en redes sociais os integrantes da orquestra París de Noia confirmaron que estarán o luns 20 de xullo na parroquia. “Estaremos acompañadísimos por La Misión”, avanzan no mesmo vídeo.

Na edición de 2025 estiveron as orquestras Panorama City, Metrópolis e La Misión.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo