Teatro, literatura e música para a celebración do 8M

Teatro, literatura e música para a celebración do 8M

Este domingo celébrase o Día Internacional da Muller e o Concello da Estrada ten varios eventos na súa axenda para esta xornada tan importante. Ademais da entrega do Premio Honorífico ao Labor das Mulleres, nela aparecen a obra Alicia wants to e o recital e presentación do libro La oración del mal, de Francisco Castro.

En orde cronolóxica, o primeiro evento previsto é o pase de Alicia wants to, de B E N G A L A Teatro Físico. Esta obra con ADN estradense representarase ás 20.00 horas do sábado 7. Narra a situación de Alicia, unha adolescente con problemas coas drogas que é expulsada dun centro de menores e que se reúne coa súa nai, Juana, nun momento no que a sociedade xa as exluíu. Exclusión, violencia institucional e resistencia mestúranse nunha obra que se constitúe como unha partida de xadrez na que o público é quen decide o final.

Máis información

O domingo, o propio día do 8M, as irmás Pili, Marga e Ana Porto Carballo, do hostal e restaurante La Bombilla recibirán o Premio Honorífico ao Labor das Mulleres. Será nun acto de acceso libre e aberto que comezará ás 19.00 horas no MOME e que estará conducido pola xornalista de GCiencia Laura Filloy.

Intervirán a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Marga de la Calle, a edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar, e as premiadas, con peche a cargo do alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono.

Para rematar, o xoves 12 ás 20.00 horas o vigués Francisco Castro charlará co estradense Pablo García ‘Chichas’ sobre La oración del mal, o seu último libro, e tocará temas do seu novo disco Cantos de amor e revolución, na compaña do percursionista Valerio Araújo. A entrada será gratuíta, con retirada de convites no Concello

Imaxe de portada: Alicia wants to // B E N G A L A Teatro Físico

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo