A Flaquita, a hamburguesa que presentou Flaco ao VI Campionato de España de Hamburguesas, é unha das finalistas a nivel nacional, tal e como vén de desvelar a propia organización do certame. A hamburguesa deste local santiagués ten parte das súas orixes na Estrada, pois o establecemento fundouno Gonzalo Pose, de Argentinos Burguer.
En canto ao irmán maior de Flaco, a Tribeca Tavern non conseguiu clasificar á fase nacional, pero opta a ser unha das mellores de Galicia, tal e como aconteceu en 2025 coa Madrineta. O vindeiro martes 10 descubrirase se ambas hamburguesas son premiadas.
A Flaquita é unha dobre cheesburguer sinxela, con poucos ingredientes, execución clásica e moito sabor. Os ingredientes, á parte da carne de vaca galega, son queixo americano, pepinillo, cebola, salsa Flaco e pan brioche.
Pola súa banda, a Tribeca Tavern ten influencia das hamburguesas “steak house” de Nova York, de restaurante elegante de Brooklyn ou dos barrios ricos de Manhattan. Leva un medallón de 200 gramos de carne de vaca afumada, salsa de mostaza creada para a ocasión, bacon ao forno, cheddar branco madurado, cebola e pepinillo.
Imaxe de portada: Flaquita // Xornal da Estrada

Deixar un comentario