Etiqueta: BNG

  • O BNG  quéixase de que aínda estean instaladas luces das festas  e de que o PP pague a medios de comunicación

    O BNG quéixase de que aínda estean instaladas luces das festas e de que o PP pague a medios de comunicación

    A formación nacionalista di que o Goberno local pagou máis de 6000€ a dous medios de comunicación autonómicos con tirada local
    (máis…)
  • O BNG urxe un aparcadoiro para os camións

    O BNG urxe un aparcadoiro para os camións

    Tamén presentaron unha moción para a retransmisión dos plenos por Internet e queixáronse polas árbores secas na Praza da Feira.
    (máis…)
  • O PP foi o gañador en Deza e Tabeirós-Terra de Montes

    O PP foi o partido gañador en case todos os concellos da provincia de Pontevedra. Nas capitais de Deza e Tabeirós-Terra de Montes a participación aumentou e a formación popular foi a gran beneficiada: na Estrada aumentou o seu número de votos en 1500 papeletas e, en Lalín, en 1600.

    Relacionado

    Na Estrada tamén subiron PSOE (300 votos máis) e BNG (100 votos). Polo contrario, Sumar perdeu preto de 100 votos respecto ao seu predecesor Unidas Podemos e Vox perdeu 350 votos.

    En Lalín o BNG conseguiu manterse pero o resto de partidos perderon votantes. Deste xeito, 250 electores menos introduciron a papeleta do PSOE nas urnas da localidade, 150 a de Sumar e 350 a de VOX.

  • O BNG descarta que Vanesa Iglesias dimita

    Nunha reunión celebrada onte no BNG da Estrada descartouse a posibilidade de que Vanesa Iglesias, concelleira de dito partido, dimita tras a polémica xurdida por un comentario en Instagram sobre o aborto de Isabel Díaz Ayuso. Xoán Reices, portavoz da formación na Estrada, dixo que ela “cometeu un erro” pero que “rectificou, eliminando o comentario” e que ela “é consciente do erro cometido” e “pediu sinceras disculpas públicas, como á nosa corporación”. “Consideramos que isto é suficiente e agora o que toca é centrarse na labor de oposición. Polo tanto, non vai dimitir”, zanxaba o tema Reices.

  • José López pide que dimita Vanesa Igesias tras a súa polémica sobre Ayuso

    O alcalde da Estrada, José López Campos, pediulle a Vanesa Iglesias, número 2 do BNG no concello, que dimita tras as súas polémicas palabras sobre o aborto de Isabel Díaz Ayuso. Iglesias comentara nunha publicación na rede social Instagram que “nin o bebé quere ser o seu fillo…” e viuse obrigada a borrar o comentario e pedir disculpas públicas.

    López Campos comentou en Facebook que “esta barbaridade de comentario da nº 2 do BNG da Estrada desprende unha xenreira e un odio contra outra muller, simplemente porque pensa distinto, que a incapacita para ser concelleira na Estrada”.

    “Non é a primeira vez que amosa que non sabe o lugar que ocupa”, engade, “pero isto xa supera todos os límites, polo que non me queda máis remedio que pedirlle que dimita”. E, no caso de que non o faga, para López Campos debería ser Ana Pontón “quen lle sinale a porta de saída, porque fraco favor lle fai unha persoa así ao BNG e á política en xeral”.

    Por último, escribiu que “Ese comentario non foi un desliz, senón que reflectía unha forma de pensar máis próxima ao nazismo que á democracia na que temos a sorte de vivir e que temos a obriga de coidar”.

    “Na vida en xeral, pero aínda máis na vida política, hai cousas inaceptables e esta barbaridade de comentario da nº 2 do BNG da Estrada desprende unha xenreira e un odio contra outra muller, simplemente porque pensa distinto, que a incapacita para ser concelleira na Estrada. Non é a primeira vez que amosa que non sabe o lugar que ocupa, pero isto xa supera todos os límites, polo que non me queda máis remedio que pedirlle que dimita. E se non o fai ela por iniciativa propia, debería ser Ana Pontón, quen por certo vai estar este domingo na Estrada, quen lle sinale a porta de saída, porque fraco favor lle fai unha persoa así ao BNG e á política en xeral. Síntoo moito, pero a min, e penso que a moita máis xente, non nos vale con borrar o comentario e pedir disculpas por orde do partido para non prexudicar a súa estratexia política. Ese comentario non foi un desliz, senón que reflectía unha forma de pensar máis próxima ao nazismo que á democracia na que temos a sorte de vivir e que temos a obriga de coidar.”

    José López Campos, alcalde da Estrada, vía Facebook

    Tamén Móvete mostrou a súa repulsa sobre o comentario de Iglesias a través de Facebook.

    “Desde Móvete amosamos a nosa repulsa e
    rexeitamento ante os desafortunados comentarios
    levados a cabo por unha concelleira da nosa corporación ao respecto da noticia sobre o aborto sufrido por Isabel Díaz Ayuso. Consideramos que a sororidade demóstrase non frivolizando sobre unha cuestión persoal tan delicada como esta.

    Non todo vale.”

    Móvete, vía Facebook
  • A quen votar este 23X

    A quen votar este 23X

    Este domingo 23 de xullo celébranse comicios estatais en España. Dependendo de en que provincias vivas poderás votar a uns partidos distintos que en outras – ben porque uns non se presentaron ou porque a súa candidatura foi desestimada pola Xunta Electoral Central. A continuación podes ver a que partidos podes votar segundo en que provincia galega residas.

    1. A Coruña
    2. Lugo
    3. Ourense
    4. Pontevedra

    A Coruña

    • PSDEG-PSOE. Cabeza de lista: José Manuel Miñones Conde.
    • Frente Obrero. Cabeza de lista: Eva Morata Segrera.
    • PP. Cabeza de lista: Miguel Ángel Tellado Filgueira.
    • Soberanía ciudadana. Cabeza de lista: Yanaisy Solís Galindo.
    • BNG. Cabeza de lista: Néstor Rego Candamil.
    • Recortes Cero. Cabeza de lista: Sara Puga Rey.
    • VOX. Cabeza de lista: Juan Garcilaso de la Vega Muñoz.
    • Sumar. Cabeza de lista: Marta Irene Lois González.
    • PACMA. Cabeza de lista: Manuela García López.

    As candidaturas de PUM+J e PCTG foron retiradas.

    Lugo

    • Frente Obrero. Cabeza de lista: José Manuel Moreno del Pozo.
    • PSdeG-PSOE. Cabeza de lista: José Ramón Gómez Besteiro.
    • PP. Cabeza de lista: Francisco José Conde López.
    • VOX. Cabeza de lista: Sonia María Teijeiro Pérez.
    • PUM+J. Cabeza de lista: Josep María Valls Martí.
    • BNG. Cabeza de lista: Daniel Castro García.
    • PCTG. Cabeza de lista: Joel Varela Besteiro.
    • Sumar. Cabeza de lista: José Antonio Rodríguez Añón.
    • PACMA. Cabeza de lista: Consuelo Pereiro Fernández.
    • Recortes Cero. Cabeza de lista: Rosa Estefanía Pérez Fernández.

    Ourense

    • PSEDEG-PSOE. Cabeza de lista: Margarita Martín Rodríguez.
    • Frente Obrero. Cabeza de lista: David González García
    • PUM+J. Cabeza de lista: Rafael Manuel Fernández Alonso.
    • PP. Cabeza de lista: Ana Belén Vázquez Blanco.
    • CCD. Cabeza de lista: José Manuel Palacios Rodríguez.
    • BNG. Cabeza de lista: Noa Presas Bergantiños.
    • VOX. Cabeza de lista: María Cristina Bravo Bosch.
    • PACMA. Cabeza de lista: Adrián Abuín Pose.
    • Sumar. Cabeza de lista: A. Víctor Ferreiro Outomuro.
    • PCTG. Cabeza de lista: Antón Otero Pedrouzo.
    • Recortes Cero. Cabeza de lista: José Enrique Tato Fidalgo.

    Pontevedra

    • Frente Obrero. Cabeza de lista: David Sanz Fernández.
    • PP. Cabeza de lista: Ana María Pastor Julián.
    • VOX. Cabeza de lista: Álvaro José Díaz-Mella López.
    • PACMA. Cabeza de lista: Amelia Graña Rosales.
    • PSDEG-PSOE. Cabeza de lista: David Regades Fernández.
    • PCTG. Cabeza de lista: Miguel Riaño Roa.
    • BNG. Cabeza de lista: María Carme da Silva Méndez.
    • Sumar. Cabeza de lista: Verónica Martínez Barbero.
    • Recortes Cero. Cabeza de lista: María Luisa Martínez Martí.

    A candidatura de PUM+J foi retirada.

  • Xoán Reices entrevístase no Pérez Viondi

    Xoán Reices entrevístase no Pérez Viondi

    O CEIP Pérez Viondi realizou unha serie de especiais electorais nos que entrevistan aos candidatos. A última entrevista foi realizada ao candidato do BNG á alcaldía da Estrada, Xoán Reices.