López Bueno considera unha “bofetada histórica” a inadmisión do recurso da RPT

López Bueno considera unha “bofetada histórica” a inadmisión do recurso da RPT

O Tribunal Supremo non admitiu o Recurso de Casación interposto polo Concello á sentenza do Tribunal Superior de Galicia sobre a RPT.

Luis López Bueno, líder do PSOE da Estrada, considerou esta inadmisión unha “bofetada histórica” á política do PP da Estrada e que supón a confirmación oficial de que “o PP débelle aos traballadores e traballadoras bastante máis de 2 millóns de euros”.

López Bueno afirmou que os populares eran conscientes de que ía pasar iso, pero que “lles conviña presentar pola proximidade das eleccións municipais”.

Para o socialista, os responsables políticos foron José López Campos, Alberto Blanco e Enrique Prieto dado que “foron eles os que impulsaron esta RPT, os que se negaron a pagarlle aos traballadores e traballadoras, e foron os que fixeron que esa débeda aumentara sen control”.

Criticou que o PP leve meses “disque facendo as contas da débeda cos traballadores” pero, un ano despois, aínda non dou unha cifra exacta. Isto, comentou, “pon ao Concello nunha situación económica moito máis complicada do que xa era” e alerta de que se producirán “novos impagos” e que, ademais, serán “moito máis esaxerados dos que xa hai”.


Imaxe de portada:
Concello da Estrada // O Xornal da Estrada

Comentarios

Unha resposta a “López Bueno considera unha “bofetada histórica” a inadmisión do recurso da RPT”

  1. Avatar de López Bueno pide dimisións polos atrasos no pago da RPT – Xornal da Estrada

    […] o goberno que el considera  “irresponsable, temerario e cabezón” decise “embarcarse nunha estratexia xudicial suicida pagando os avogados cos cartos dos veciños e veciñas, para chegar ao resultado de ter que pagar […]

    Gústame

Deixa unha resposta a López Bueno pide dimisións polos atrasos no pago da RPT – Xornal da Estrada Cancelar a resposta