A Fervenza de Ouzande organiza unha ruta para o día de Nadal

A Fervenza de Ouzande organiza unha ruta para o día de Nadal

A asociación A Fervenza de Ouzande retoma o seu programa de roteiros coincidindo co Nadal. Para o 25 de decembro planificaron unha camiñata de 10 quilómetros cunha dificultade baixa polos montes de Ouzande e A Somoza.

Con esta actividade poderáse gozar da paisaxe, da natureza e da conversa amigable á vez que se alixeira a cea de Noiteboa.

Comezará ás 10.00h na Igrexa de Ouzande e rematará tres horas despois no mesmo lugar. O percorrido conta con varios lugares de especial interés, como os muíños de Ouzande, a Fervenza de Ouzande – que contará cunha gran cantidade de auga grazas ás recentes chuvias – ou as construcións tradicionais e os montes autóctonos da Somoza.

A actividade é de balde e só se suspenderá en caso de que as condicións meteorolóxicas impidan a súa celebración. Os participantes deberán ter en conta que parte da camiñata faráse por pistas forestais e a previsión meteorolóxica da xornada e dos días previos.

Comentarios

Unha resposta a “A Fervenza de Ouzande organiza unha ruta para o día de Nadal”

  1. Avatar de Papá Noel xa se deixa ver pola comarca – O Xornal da Estrada

    […] Ademais, nesta xornada de Noiteboa, na Estrada poderáse visitar o Mercado de Nadal de produtos estradenses no Novo Mercado e ver a San Silvestre Acuática na piscina climatizada. Na xornada de Nadal poderáse ir andar coa Fervenza de Ouzande. […]

    Gústame

Deixa unha resposta a Papá Noel xa se deixa ver pola comarca – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta