Publicidade

Coches desde 4000 euros no Salón do Vehículo de Ocasión

Este venres o Director Xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, inaugurou o noveno Salón do Vehículo de Ocasión coa compañía de Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, Óscar Durán, concelleiro de Promoción Económica, Belén Cachafeiro, deputada provincial e Lucia Pedroso e Miguel Ángel Miguéns, representantes da Cámara de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.

Durante esta xornada comezaron a fructificar os primeiros acordos de venda, ben na propia feira ou despois dela, principalmente tendo en conta que nestes tres días hai grandes descontos e ás garantías que van desde o ano ata os 5.

E é que se poden adquirir desde un Renault Clio por 4.000 euros, un Chevrolet Corvette Carbón 65 de 650 Cv – modelo do que só se fabricaron 650 unidades – ou un Porsche GT4, un modelo deseñado para circuítos pero homologado para a circulación polas rúas.

A oferta conta con vehículos gasolina, diésel, híbridos e eléctricos, sendo os dous primeiros os máis demandados. Ademais, tendo en conta que actualmente a demanda supera á oferta, esta é unha oportunidade única para quen busque un vehículo.

O salón estará aberto ata este domingo con horario ininterrompido de 11.00 a 20.00h. A entrada, que custa dous euros, é valida para os tres días que dura a mostra.


Imaxe de portada: Inauguración do Salón // cedida

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo