Os proxectos dos parques eólicos Xubrintas, Chamarrapio e Alamoceiros atópanse na fase de exposición pública e colocaríanse nos montes que habitan os cabalos que cada mes de xullo baixan ata Sabucedo para ser os protagonistas da Rapa das Bestas.
O Parque Eólico Chamarrapio ten 5 módulos diferentes e 13 dos 14 aeroxeradores previstos colocaránse no termo municipal de Campo Lameiro e, o restante, no de Cerdedo-Cotobade — o coñecido como Serrido 01.
No caso de Alamoceiros, terá tres módulos e trece aeroxeradores. Os módulos Chamateiro e Chamacorva instalaránse de forma íntegra no concello de Cerdedo-Cotobade. Tres muíños do de Campelo tamén se atoparán dentro do territorio cerdedés e, os seis restantes, no estradense.
Trece aeroxeradores e tres módulos son os que tamén terá o Parque Eólico Xubrintas. O módulo Outeiro atoparáse nos montes de Cerdedo-Cotobade e, os de Quintas e Xubrei, nos da Estrada.
O prazo para presentar alegacións rematará o 28 de agosto.


Deixa unha resposta a Citan aos veciños de Souto, Sabucedo e Codeseda a unha reunión sobre tres parques eólicos – Xornal da Estrada Cancelar a resposta