O programa ‘Toponimízate’ aterra na Estrada

O programa ‘Toponimízate’ aterra na Estrada

O vindeiro 2 de outubro, ás 19.00 horas, a Casa das Letras acollerá unha charla divulgativa sobre o programa Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. Nela informaráse e concienciaráse á cidadanía da importancia de conservar e recuperar os topónimos como parte importante do patrimonio inmaterial.

Asemade, a sesión permitirá coñecer de forma divulgativa o siginificado dos topónimos maiores do concello – os que se corresponden coas aldeas e parroquias – da man de Vicente Feijóo Ares, un experto que leva 25 anos traballando e investigando a toponimia galega. Feijóo coordina o proxecto Galicia Nomeada, o proxecto de revisión e actualización do Nomenclátor de Galicia e imparte as charlas da campaña Toponimízate.

Toponimízate

Dende o ano 2017, a Secretaría Xeral da Lingua, en colaboración coa Real Academia Galega, vén ofrecendo charlas divulgativas por medio de Toponimízate en concellos, colexios, asociacións culturais e centros de maiores sobre o valor cultural da toponimia galega e a necesidade de colaborar na súa recolleita a través da plataforma Galicia Nomeada. Así, nestes relatorios explícase polo miúdo o uso desta aplicación colaborativa, así como a rendibilidade que se lle pode tirar a esta capa de información cultural unha vez que está xeorreferenciada e normativizada.

Comentarios

Unha resposta a “O programa ‘Toponimízate’ aterra na Estrada”

Deixa unha resposta a O regreso do vandalismo, folga de mestres e novidades nas obras da Farola – Xornal da Estrada Cancelar a resposta