Lembramos os primeiros titulares de Xornal da Estrada

O 12 de decembro de 2023 nacía oficialmente Xornal da Estrada, o novo medio de comunicación local do concello da Festa do Salmón, da Feira da Sidra, da Rapa das Bestas, de Avelina e Marcial Valladares ou de Virxinia Pereira, entre moitos outros.
Nos seus 731 días de vida quixemos fixarnos no que se publicou nas primeiras 24 horas de vida deste medio. O certo é que comezamos percorrendo as rúas da Estrada para dar conta das queixas de veciños pola falta de alumeado de Nadal nas súas rúas.
Tamén falamos da manifestación en apoio ao pobo palestino que se celebrara unhas horas antes do noso nacemento. Poucos días antes fixéranse dous meses do inicio da última guerra. Hai uns meses a ONU asegurou que esa guerra converteuse nun xenocidio. O vindeiro luns 15 celebraráse unha nova manifestación na Estrada contra este xenocidio.
No apartado político, fixémonos eco das palabras de Luis López Bueno, voceiro do PSOE local, sobre o préstamo que ía pedir o Concello. En canto á cultura, fixémonos eco do acto que se celebraría o día seguinte para facer entrega do Avelina Valladares a Manuel López Rodríguez, quen recibiría este galardón por terceiro ano consecutivo.

Deixar un comentario