Queixas polo estado da rede viaria en Nigoi

Queixas polo estado da rede viaria en Nigoi

Veciños de Nigoi reclamaron melloras nas pistas da parroquia dado o mal estado no que quedaron como consecuencia da sucesión de temporais. Comentan que os desperfectos sucédense por toda a parroquia e que xa se puxeron en contacto co Concello, aínda que a resposta que recibiron é que non se vai “nin bachear”.

Pista entre Ribela e Liripio

Este caso non é illado, pois a rede viaria en xeral viuse afectada como consecuencia dos temporais. Entre Ribela e Liripio outra pista pasou de estar en perfectas condicións a ter o asfalto levantado en parte do seu trazado. Ademais, en Liripio tamén se levantou o asfalto noutros puntos, ao que se lle suman os desperfectos causados polos temporais e as sacas de madeira nun dos accesos á parroquia.

Pista de acceso a Liripio

Imaxe de portada: fochancas en Nigoi // cedida

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo