Joel Castro, Laura Vicente, Paula Pena, Ángela Trigo e Inés Rey son cinco deportistas estradenses que veñen de proclamarse campións de España nas modalidades de Loita Olímpica, no caso del, e Salvamento, no delas. Este luns o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, ofreceulles unha recepción institucional.
Castro proclamouse Campión de España sub20, subcampión nacional sub23 e campión da Copa do Rei. Compartiu cos presentes a sorpresa que supuxeron as súas victorias, tendo en conta que competía contra rivais de maior idade e experiencia.
Vicente, Pena, Trigo e Rey formaron parte do equipo do CNS en Bétera (Valencia) que conseguiu medallas de ouro e prata. Ademais, Paula Pena obtivo a prata a nivel individual en 50 metros rescate. Todas mostráronse satisfeitas coa experiencia, destacando o ben que o pasaron.
Pola súa banda, o alcalde estradense, díxolles que “o deporte ensina valores fundamentais: o respecto, o compañeirismo, a disciplina e a capacidade de levantarse tras cada caída. Valores que fan mellor á nosa sociedade e que vos converten en embaixadores da Estrada alá onde competides”.
Imaxe de portada: recepción a Joel Castro e ao equipo do CNS // Concello da Estrada


Deixa unha resposta