Publicidade

O nomenclátor da Xunta recolle cambios en 13 topónimos da Estrada

A Xunta de Galicia aprobou a pasada semana os cambios no nomenclátor de Galicia, entre os que se inclúen que A Cañiza pasa a chamarse A Caniza ou que Cerdedo-Cotobade pasa a ser Cerdedo Cotobade. Nel tamén se inclúen modificacións no topónimo de 13 lugares da Estrada, que se corresponden con 12 parroquias.

En Cereixo, Mollarrabo engade o artigo, pasando a ser O Mollarrabo. O mesmo ocorre cos lugares de Vilar (A Estrada), Ouzamerxe (Guimarei e Lagartóns), Veiga da Leña (Lamas) e Paraño (San Miguel de Barcala), que con esta aprobación pasan a estar recollidos coma O Vilar, O Ouzamerxe, A Veiga da Leña e O Paraño.

O lugar de Salouzáns, en Lamas, engade un <<n>>, quedando como Sanlouzáns. Iso mesmo sucede nos lugares de Costenla de San Miguel de Castro e Santo André de Vea, que pasan a chamarse Constenla. No caso de Entrecastrelo (Ribela), pasa ao plural, converténdose en Entrecastrelos.

No caso de Codeseda oficialízase o topónimo A Grela, en substitución de A Agrela. En Loimil, o lugar homónimo muda de nome para converterse en A Igrexa.

Imaxe de portada: encontro na Cruz da Grela co cambio de topónimo // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo