Publicidade

Xornal da Estrada lánzase ao fediverso

Xornal da Estrada creou unha conta en Mastodon.gal, unha rede social que non depende de algoritmos e que permite unha maior autonomía ca outras máis coñecidas.

Post by @xornaldaestrada@mastodon.gal
View on Mastodon

Esta novidade chega despois de ter participado no obradoiro formativo Medios locais no Fediverso: por unhas redes sociais máis sanas, organizado pola Asociación de Medios en Galego (AMEGA) e impartido polo experto en comunicación dixital Joxe Rojas. Nel interviu o administrador de Mastodon.gal, Rafael Alcalde.

Dende AMEGA sinalaron que este obradoiro supuxo “poñer a primeira pedra para unha comunicación máis sana e en galego”, apostando por un ecosistema mediático máis forte, colaborativo e libre de dinámicas que condicionan a visibilidade dos contidos na rede.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo