O Ministerio de Transportes anunciou a licitación do asfaltado da N-640 entre Caldas de Reis e o Alto de Xindriz, en Silleda. Destinaranse 10,5 millóns de euros e publicarase en breves no Boletín Oficial do Estado (BOE). O obxectivo é mellorar a seguridade e a comodidade dos usuarios.
Os traballos inclúen o fresado do firme existente e a extensión dunha nova capa con mistura bituminosa. O espesor e tipo de mistura dependerán da zona. Nas estruturas, onde sexa preciso, reporanse as xuntas de dilatación. Tamén se pintará a sinalización horizontal.

Imaxe de portada: asfaltados de emerxencia na Estrada no mes de xuño // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta