O Latexo Fest estreará a gran carpa do Concello

O Latexo Fest estreará a gran carpa do Concello

A segunda edición do Latexo Fest vaise celebrar o 15 de maio na Praza da Constitución, tal e como anunciaron este xoves dende o propio festival. Ese é o día que se vai estrear a gran carpa que vai estar instalada para a celebración da Festa do Salmón e da Feira da Sidra, tal e como anunciou anteriormente o Concello.

Como na edición anterior, será un festival gratuíto. O cartel da presente edición vaise anunciar nos vindeiros días. En 2025 contaran con Pedro VR, Telmo, Vilu Gontero, Groove Amigos e Carlos López.

No relacionado coa carpa, este será o evento que complete a fin de semana inaugural. O sábado 16, o día despois do Latexo Fest, Mondra ofrecerá un concerto que fará de previa do Día das Letras Galegas, xornada na que este espazo acollerá a LII Festa do Salmón. O sábado 23 celebrarase alí a segunda edición do Festival dos Arrieiriños. Xa en xuño, o sábado 6 terá lugar a Feira da Sidra.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo