Dende este xoves xa se pode pedir permisos para queimas de restos agrícolas e forestais realizados por particulares. Os permisos de queimas teñen que solicitarse con, como mínimo, dous días de antelación á súa realización, polo que as primeiras queimas permitidas poderán facerse o vindeiro sábado.
Medio Rural supendera estes permisos a finais de marzo por mor das previsións meteorolóxicas de días de calor con fortes refachos de vento. Un mes despois, restablécense.

Deixa unha resposta