Publicidade

A Farola volve ter Farola

Operarios da firma Terca instalaron este mércores a restaurada Farola que lle dá nome de forma oficiosa a toda unha praza. A gran novidade que trouxo consigo esta colocación foi a recuperación do bronce orixinal co que contaba nos farois e que quedara tapado baixo as sucesivas capas de pintura negra que recibiu ao longo do tempo.

A ubicación na que se atopa foi a que se elixiu no referendo celebrado en novembro de 2024. As obras atópanse na recta final e, de feito, o vindeiro domingo 17 A Farola acollerá o seu primeiro gran evento: un tardeo coa París de Noia.

Imaxe de portada: a Farola, restaurada e na súa nova ubicación // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo