Publicidade

O enlace da AG-59 na Ramallosa estará pechado na súa totalidade durante mes e medio

O avance das obras de prolongación da autovía Santiago – A Estrada (AG-59) obriga a pechar na súa totalidade, unha vez máis, o enlace da Ramallosa, onde remata na actualidade a estrada. O peche fíxose este luns e manterase durante seis semanas, tendo que desviarse o tráfico polos Verxeles.

Este novo corte faise para poder traballar no propio enlace. Os labores inclúen a execución de barreiras de seguridade, sinalización vertical, horizontal e balizamento, así como a disposición de aglomerado da capa de rodadura do firme e a terminación de elementos de drenaxe.

Namentres, o tráfico está a ser desviado pola urbanización dos Verxeles. En dirección Santiago isto leva ocorrendo varias semanas por mor dos traballos que se están realizando nun dos viadutos.

Imaxe de portada: enlace da Ramallosa // Google Earth

Comentarios

Unha resposta a «O enlace da AG-59 na Ramallosa estará pechado na súa totalidade durante mes e medio»

  1. Avatar de José Mª Araújo López

    Parecen as obras do Escorial

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo