Publicidade

Abertas as inscricións para un programa de emprego para mulleres

O programa Adestra Emprego Rural repite unha edición máis na Estrada. Este luns foi presentada a nova edición coa que se intentará integrar no mercado laboral a mulleres rurais desempregadas durante un longo período de tempo, especialmente por coidado de familiares. Promovido pola Fundación Santa María la Real, contan cun convenio de colaboración co Concello da Estrada.

Este programa está destinado a concellos de menos de 30.000 habitantes e unha densidade de poboación de 100 habitantes por metro cadrado. Dura tres meses e medio combinando traballo individual con traballo grupal nun formato semipresencial. Unha vez remata, continúa o seguemento a través do Plan Acompaña. Dende a fundación aseguran que se poñen en valor as competencias adquiridas durante as “etapas de coidado”.

Con este programa financiado polo Fondo Social Europeo e Fundación Mapfre comezaron en 2024. Por el xa pasaron 300 mulleres cun éxito do 50%. Na última edición da Estrada participaron 50 mulleres, cunha porcentaxe de éxito do 30%. A día de hoxe seguen a facer un seguemento das mulleres.

As inscricións para a seguinte rolda, que comeza este mes e remata en setembro, xa están abertas. Pódense facer en www.entrenaempleo.org/es/inscribete. As prazas son limitadas.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, sinalou que o programa céntrase nun “sector da poboación importante”, que son as mulleres desempregadas. A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Susana Pérez, comentou que a iniciativa “cumple a nosa visión dun emprego máis inclusivo, máis próximo e adaptado á realidade das mulleres que viven no rural”.

Imaxe de portada: presentación do programa // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo