Este domingo A Estrada celebrou un acto institucional para celebrar o Día das Letras Galegas, que se lle adicou a Begoña Caamaño. A actriz e presentadora Neves Rodríguez foi a encargada de ler o pregón. Tras ela, o alcalde, Gonzalo Louzao, pronunciou un discurso institucional. Para rematar, fíxose a ofrenda floral a Marcial Valladares, único estradense homenaxeado no Día das Letras Galegas, á vez que soaba o himno galego.


Deixa unha resposta