A Estrada acolle a presentación dunha biografía sobre Begoña Caamaño, a homenaxeada nas Letras Galegas

O libro Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño vai ser presentado este martes 26 ás 20.00h no MOME da Estrada. Escrito por María Xesús Nogueira e Ana Romaní, na súa elaboración empregáronse arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares.

Deste xeito, a A.C. Vagalumes, organizadora deste acto, continúa a lembrar a figura de Begoña Caamaño, escritora e xornalista á que se lle adicou o Día das Letras Galegas.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo