Este mércores comezou a licitación dunha senda peonil e ciclista que unirá A Estrada co polígono de Toedo. Discurrirá paralela á PO-841 en sentido A Estrada e aproveitarase a estrutura xa existente na saída de Figueiroa.
Serán 2,4 quilómetros nos que o ancho mínimo será de 1,8 metros. Colocarase pavimento podotáctil nos extremos — para indicar o final da mesma — e nas paradas de bus e nos pasos de peóns. Ademais, construiranse dúas estruturas de formigón prefabricado para cruzar dous leitos. Faranse paralelas ás xa existentes na estrada.
Debido á diferencia de nivel existente nalgunha das parcelas nas que se actuará, proxéctanse uns muros de perpiaños para posibilitar a correcta execución da senda. Tamén se levarán a cabo actuacións complementarias como a adaptación da rede de drenaxe á nova sección transversal da vía, a execución de canalización para comunicacións baixo a senda e a mellora da sinalización.
O prazo para presentar ofertas remata o 22 de xuño.
Imaxe de portada: anuncio da licitación da obra // Xunta de Galicia


Deixa unha resposta