Publicidade

Si, o que non vale son eu

Si, o que non vale son eu

Xoán Reices • BNG

Xa se viña vir, como dixo o outro. Quen confía nun bloqueiro con mala pinta? A verdade é que non sorprende a ninguén. Como ía a aguantar, se ata no seu partido se rumoreaba? Demasiado desgaste para unha persoa que non vale.

Ahá, ahá.

Será que o nivel da política (en xeral) é moi elevado. Que non consigo seguir o nivel dos debates. Non estou preparado para afirmacións tan sesudas como “o IVE é un imposto progresivo” ou “o mal estado do río non depende do río, depende do mar e dos xaponeses”. Imaxino que non son capaz de entender por que están sen facer os contratos do SAF ou do lixo… Que podo dicir? Sempre fun así: burriño.

Imaxino que o nivel do xornalismo é para botar cobetes, tamén, e que dado a súa Tampouco me dá a intelijencia para entender como se pode dicir que un problema do Concello “non importa a ninguén, que temos problemas moito máis importantes” e quedar tan tranquilo. Serán problemas que funcionan como a as partículas subatómicas?, porque cando se queren debater non son importantes e cando son importantes non se debaten. Será cousa de Heisemberg? (o da tele non)
impeclabe enteireza moral, é normal que se avalíe o nivel das outras persoas con desdén. Bueno, sempre que non sexan os xefes, verdade? Os xefes non teñen desgaste e sempre son válidos. Que coincidencia!

É que si, o nivel é tan alto, que se poden sacar conclusións e valoracións sen ir aos plenos! Sen facer entrevistas! Sen ir ás roldas de prensa! Claro… eu telepatía non teño, e é o que me fode… Estudiara.

En fin, o único que podo aportar é a honestidade e a verdade. A fidelidade aos meus principios. Un debate educado e sinceridade. Realidade. Vida. Pero iso non é importante, certo. O importante é facerlle a pelota aos que mandan. Quelle dommage!

Voume si, e non teño que poñer escusa ningunha, a diferenza de outros. E se me queredes tomar de incompetente, adiante. Eu tamén penso que sodes incompetentes. E quen vaia no meu sitio tamén vai ser máis listo (e sobre todo honesto) ca vós.

Un saúdo.

Queres ler máis artigos coma este?
Visita o espazo web de Politicando!

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo