Publicidade

80 equipos e 1200 xogadores participarán nun torneo de fútbol sala

A UD A Estrada F.S. presentou a sétima edición do Torneo de Verán de Fútbol Sala. Celebrarase o 20 e 21 de xuño no pavillón Coto Ferreiro. Participarán máis de 80 equipos e case 1200 deportistas. O sábado xogarán as categorías biberón, prebenxamin, benxamin, alevín e infantil e durante a xornada do domingo tomarán o relevo as de cadete, xuvenil, senior feminino e senior masculino.

Imaxe de portada: presentación do torneo // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo