Publicidade

Cobertura especial das festas de San Paio no Xornal da Estrada

Cobertura especial das festas de San Paio no Xornal da Estrada

Un ano máis Xornal da Estrada prepara un amplo despregue para cubrir as festas de San Paio. Como ben sendo habitual, publicaranse artigos avanzando a programación do día seguinte e galerías coas mellores imaxes do día.

Como novidade, os avances de programación, así como a páxina coa programación completa, contarán con mapas ubicando os diferentes eventos.

Ademais, o Xornal Semanal trasládase ao luns para ofrecer un resumo coas mellores imaxes dos festexos. Será a penúltima edición en vídeo da tempada e a primeira vez que o formato non terá presentador.

Un ano máis, Xornal da Estrada aposta por unha ampla cobertura que impica máis de oito horas de traballo diarias seguindo os diferentes eventos axendsdos para os festexos.

A cobertura comeza este mesmo sábado co seguemento dos actos previos ao San Paio, entre os que se inclúe o acendido do alumeado.

Previsión nocturna

Ademais, o apartado meteorolóxico tamén se reforzará. Polas tardes subiranse a Instagram e Facebook historias coa previsión meteorolóxica para a noite. Tamén se enviarán a través das canles de Telegram e WhatsApp.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo