A estradense Uxía Rosende Diéguez presentou este luns a exposición Primeros pasos. Nela reúnese unha escolma de traballos feitos durante os seus dous primeiros anos de formación en Belas Artes. É a primeira exhibición aberta ao público que fai.
Nesta exposición que se pode ver na Casa das Letras, móstranse tanto traballos académicos coma obras feitas froito da investigación e as inquietudes persoais da autora.
Tras cursar o Bacharelato de Artes no IES Manuel García Barros, Uxía Rosende continuou os seus estudos na Facultat de Belles Arts de Sant Carles, en Valencia, onde cursa o segundo ano. A través desta exposición móstrase o seu proceso de aprendizaxe.
Primeros pasos pódese ver na Casa das Letras ata o vindeiro 4 de xullo, momento no que pechará a mostra.


Deixa unha resposta