O pasado sábado celebrouse a xuntanza anual de Fillos e Amigos da Estrada, unha exhibición de Sincroburbullas, acendeuse o alumeado, e correuse unha accidentada Estranoite. A carreira principal desta última comezou con media hora de atraso debido a que unha ambulancia atopábase atendendo unha urxencia médica dun particular dentro do percorrido. Despois de que o estradense Cristóbal Dios gañase a súa primeira Estranoite, un corredor tivo que ser atendido a escasos metros da meta por mor dunha indisposición e abandonou a proba en ambulancia.









































Deixa unha resposta