Publicidade

As temperaturas non baixaron dos 20 graos en toda a noite

A noite do luns ao martes foi o que en termos meteorolóxicos se define como unha noite tropical. É dicir, en ningún momento os termómetros baixaron dos 20 graos. Na Estrada cumpriuse ao límite, pois a mínima foi de 20 graos, pero nas estacións de Forcarei e Monte Xesteiras a temperatura máis baixa da noite foi superior.

Na estación da AEMET da Estrada, que se atopa nas proximidades do Recinto Feiral, a mínima rexistrouse ás 7.20 horas e foi de 20 graos exactos tras un progresivo descenso dende os 24 que se rexistraban ás 22.00 horas.

No caso das estacións de MeteoGalicia, no Monte Xesteiras a mínima rexistrouse ás 02.20 horas, cando o mercurio marcou 23,2 graos. Dende ese momento, as temperaturas comezaron a subir.

En Forcarei a mínima foi de 21,2 graos, rexistrados ás 7.10 horas. Neste caso, as temperaturas foron fluctuando ao longo da noite, chegando a rexistrarse s temperatura máis alta da noite no concello (24ºC) unha hora antes da mínima.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo