Publicidade

Desconvocan a folga na recollida do lixo prevista para o San Paio

Este martes desconvocáronse os paros previstos na recollida do lixo para os días 25, 26 e 27, en plena coincidencia co San Paio. Isto débese a que os traballadores ratificaron en asemblea o preacordo ao que chegaran un día antes Geseco e CIG. Neste preacordo acadáronse varias melloras laborais.

As melloras conseguidas superan o marco estatal. O salario incrementarase un 11% en total nos dous anos de vixencia deste pacto, é dicir, entre 2026 e 2027. Incorporanse pluses, como o de penosidade, e permisos de acompañamento medico de familiares.

Os traballadores contarán cunha paga extra e un día de libre disposición. Pagarase 78 euros por traballar domingos e festivos, cifra que ascenderá a 85 euros en 2028, e compensarase cun día libre. No caso de que as vacacións coincidan cun festivo, os traballadores terán un día libre a maiores.

Este acordo conleva a suspensión da folga de tres días que tiñan prevista para as festas de San Paio. Ademais, como mostra de boa vontade mentres se estaba negociando coa mediación da AGA, suspendéranse os paros previstos para os días 16, 17 e 18 de xuño. No seu lugar, fixéronse concentracións diante do Consistorio.

Dende CIG-Servizos de Pontevedra valoran positivamente o acordo. Lembraron que poi posible “pola unidade e determinación das persoas traballadoras de Geseco e pola labor do delegado sindical, que leva só un ano exercendo esa responsabilidade, fronte aos oito que estivo o representante de CCOO”.

Dende o Concello, o concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, coincidiu á hora de agradecer “a boa comunicación e o esforzo realizado tanto pola representación sindical como pola empresa para chegar a un punto de encontro que garante a continuidade dun servizo esencial”.

Lembrou que tamén colaborou na mediación. Aínda que o seu papel foi “testemuñal”, di que foi “útil para axudar a crear o clima necesario para o entendemento”.

Do mesmo xeito, anunciou que se decidiu manter reunións periódicas de seguimento coa empresa, para anticipar posibles necesidades, melloras ou incidencias que poidan xurdir na prestación do servizo.

Imaxe de portada: concentración dos traballadores de Geseco diante do Concello // CIG

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo