Publicidade

Tequexetéldere inaugura o San Paio co pregón e un concerto

Este mércores 24 comezarán oficialmente as festas de San Paio, en coincidencia co festivo autonómico polo San Xoán. Os eventos comezarán ás 12.30 horas co pregón a cargo de Tequexetéldere e o posterior chupinazo dende o Concello.

Unha vez remate o pregón a agrupación dará, na Praza do Concello, un concerto. Pouco despois, ás 13.30 horas, Supermiafiori amenizará o vermú na Rúa Calvo Sotelo.

A tarde comezará co Tardeo de La Santa na Rúa Serafín Pazo, no que estarán os DJ Carlos López, Mrj e Raúl Gómez. Ás 17.00 horas dará inicio o Día do Neno, no que haberá xogos acuáticos e festa da escuma. Será na Alameda. Xa á noite, ás 22.00 horas, Aldolfo Fh amenizará a Zona dos Viños.

Imaxe de portada: actuación de Tequexetéldere no San Paio 2025 // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo