Publicidade

A Brilat, a promoción de Policía Local e a Panorama, este venres no San Paio

A Brilat, a promoción de Policía Local e a Panorama, este venres no San Paio

Este venres A Estrada celebra o día grande das festas. Será festivo local e a axenda de eventos estenderase dende as 9.30 horas da mañá ata a madrugada.

Ás 9.30 horas comezará o torneo 3×3 de fútbol sala na Alameda, que se prolongará durante toda a xornada. Ás 10.00 horas lanzaranse as bombas de palenque e, unha hora máis tarde, darase na Praza do Mercado o pistoletazo de saída á Festa da Bicicleta. Ás 12.30 horas actuará Pacordas na Farola e as 14.00 horas a Porta do Sol acollerá unha sesión vermú con Punto Zero.

Ás 17.00 horas comezará na Zona dos Viños un tardeo cos DJ Julián e Pedro Rivis, Leite con Jalletas e Latexo Percusión. Ás 19.30 horas a Bada de Silleda dará un concerto na Farola.

A misa de San Paio comezará ás 20.00 horas. Estará cantada pola Coral Voces Amigas de Moraña. Ao remate, a procesión percorrerá o casco urbano estradense. Nela estarán as bandas da Brilat e de Silleda e a 18ª promoción da Policía Local da AGASP. Despois, a Brilat dará un concerto na Praza do Concello.

A verbena comezará ás 22.30 horas. Será na Farola, onde actuará Ortiga. Ás 00.00 horas a orquestra Panorama actuará no Concello.

Mapa de eventos do día // Xornal da Estrada

Imaxe de portada: a Brilat no San Paio 2025 // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo