En Forcarei non se igualou o récord por cinco centésimas
A vaga de calor que estamos a vivir estes días será lembrada na Estrada por bater o récord absoluto de temperatura máxima. Os termómetros ás 17.50 horas deste sábado marcaron 39,8 graos na Estrada. Deste xeito, supera o anterior récord, alcanzado en xullo de 2022, cando os mercurios chegaron aos 39,5 graos.
En Forcarei, onde a estación de MeteoGalicia atópase próxima a Sabucedo, a piques estiveron de seguir a estela da Estrada. Se en xullo de 2022 a temperatura máis alta foi de 35,64 graos, este sábado foi de 35,59 graos. É dicir, que por cinco centésimas non se igualou o rexistro máis alto.

De feito, tanto sábado coma domingo, ambos concellos estiveron en aviso amarelo por temperaturas máximas e en alerta vermella pola vaga de calor. Este luns o aviso meteorolóxico desaparece e a alerta pola vaga de calor baixa a nivel laranxa.
Imaxe de portada: estampa que presentaba A Farola no mediodía do sábado // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta