Publicidade

Dous ciclistas feridos nun accidente en Tabeirós

Pasadas as 13.00 horas deste domingo dous ciclistas do Club Ciclista Xesteiras resultaron feridos ao bater cun cohe que cruzaba a EP-7001 (estrada a Forcarei) ao seu paso por Tabeirós. Presumiblemente, o condutor do vehículo non viu os ciclistas antes de comezar a cruzar a estrada.

O accidente tivo lugar na glorieta partida que dá acceso ao núcleo do Outeiriño, preto de onde comeza o treito de tres carrís. Un dos feridos rompeu un dos cristais do coche coa cabeza.

Ao punto desprazáronse efectivos de Emerxencias A Estrada, Policía Local da Estrada e Garda Civil.

Unha falecida e seis feridos en catro días

Así remata unha semana negra nas estradas estradenses. O pasado xoves unha muller faleceu tras ser atropelada por un camión cando cruzaba a Avenida Benito Vigo por fóra dun paso de peóns.

Ademais, este sábado outras catro persoas resultaron feridas nunha colisión por alcance en Loimil, na N-550. A elas súmanse os dous ciclistas feridos este domingo.

Imaxe de portada: zona do sinistro // Google Street View

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo