Este sábado Sabucedo acolleu o primeiro curro da Rapa das Bestas. Previo a iso, pola mañá baixáronse as bestas ata o peche de Cataroi. O curro, que comezou ás 20.00 horas por mor da calor, celebrouse sen apenas incidencias destacables, á parte dun momento no que foi necesario facer un corredor na area para atender unha muller do público que sufriu unha indisposición.
Outra das anécdotas da xornada produciuse durante a actuación de Tequexetéldere previa ao curro. Cando aínda faltaba un baile, as bestas xa chegaran ás portas do curro, tendo que agardar a que rematase a actuación para poder entrar.







































Deixa unha resposta