Publicidade

Falece un home de 35 anos afogado en Couso

Falece un home de 35 anos afogado en Couso

Un home faleceu sobre as 19.30 horas deste sábado en Couso tras ser rescatado inconsciente do río, nas proximidades da praia fluvial de Pontevea. Os bañistas conseguiron levalo ata a beira do río, mais as dificultades do terreo impediron que o sacaran da auga. Iso non impediu que tentaran reanimalo. Despois de que o sacaran da auga, os efectivos de emerxencias estiveron 40 minutos practicándolle a RCP, pero non foi posible sacalo da parada cardiorrespiratoria.

O varón, duns 35 anos de idade, atopábase cruzando o Ulla dunha beira á outra xa fóra da contorna da praia cando se atopou indisposto. Foron os seus acompañantes, uns compañeiros de traballo, os que o intentaron sacar da auga. Tanto a vítima coma os acompañantes son brasileiros e residen en Padrón, onde traballan nunha empresa de dito concello.

No operativo participaron efectivos do 061, Garda Civil, Emerxencias da Estrada e Teo e as Policías Locais de ambos concellos. Tamén se chegou a mobilizar un helicóptero por se fose necesario trasladalo ao hospital.

Imaxe de portada: o Ulla dende Pontevea // Xornal da Estrada / Arquivo

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo