A Estrada instalará unha pantalla xigante para ver a semifinal do Mundial

A Estrada instalará unha pantalla xigante para ver a semifinal do Mundial

En San Miguel de Barcala abrirán o centro social

O Concello da Estrada vén de anunciar que o martes vaise instalar unha pantalla xigante na Farola para emitir a semifinal do Mundial de fútbol. Será para o partido que vai enfrontar España e Francia. A intención, sinalan, é crear ambiente e vivir esta praza como punto de reunión. No caso de que España gañe e xogue a final, tamén instalarán pantalla.

En San Miguel de Barcala tamén se sumaron ao apoio á Selección. O martes abrirán o centro social para ver o partido. Terán bebidas a prezos populares.

O partido comezará ás 21.00 horas (hora española) e enfrontará a dúas das favoritas a gañar o torneo. Quen gañe xogará a final contra a selección vencedora da semifinal Arxentina – Inglaterra.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo